SINOPSE:

“Pareceremos as mesmas pero todo será distinto…”

Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente.

Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.

É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino. Donas é unha obra circular, próxima ao trance que envolve ao espectador, creando un clima emocional aberto a todo o espazo máis aló do marco escénico e de todas as barreiras.

“Pareceremos as mesmas pero todo será distinto…”

EQUIPO ARTÍSTICO:

Bailarinas*: María Ferrer Garau, Irma López de Gamarra Lorenzo, María Pichín Rodríguez, Carla Mosteiro Campos, Aroa Pérez Alonso, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Amparo Silva Rodríguez, Ariadna Vázquez Cabana. Dirección e Coreografía: Alba Felpete Facal. Asistenta coreográfica: Sabela Adalid Carracedo. Música: Iain Armstrong.

*No espectáculo participan un total de 6 bailarinas.

EQUIPO TÉCNICO:

Deseño de Iluminación: Eva Valle Legido. Vestiario: Cali danza e Entre Hilo & Tela. Santos Salgado. Son e Iluminación: Escóitame Producións. Deseño cartalería: Mesías. Axudante de produción: Mesías. Duración apróx.: 50 min. Público: Adulto.

Sinopse:
Trátase dunha viaxe polo método sobre o que se cimentan as creacións, un fondo percorrido polo universo feminino, amosando a interioridade das mulleres do S.XXI e os ecos das que as antedeceron.
Cali constrúe unha escena crúa e honesta, surfeando as ondas emocionais a través da poesía e da danza.
Equipo artístico e técnico:
Elenco bailarinas*: María Ferrer Garau, Irma López de Gamarra Lorenzo, Eva López Quiroga, María Pichín Rodríguez, Carla Mosteiro Campos, Aroa Pérez Alonso, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Amparo Silva Rodríguez, Ariadna Vázquez Cabana.
(*no espectáculo participan 6 bailarinas).
Textos, locución e poesías: Alba Felpete.
Música: Germán Díaz.
Dirección e coreografía: Alba Felpete.
Son e Iluminación: Escóitame Producións.
Axudante de produción: Mesías.
Duración apróx.: 45 min.