Compañía

A Compañía Cali está constituída por un equipo humano minuciosamente escollido para xerar equilibrio e potencia artística. Fórmano persoas cunha alta sensibilidade polo que a súa capacidade de transmisión é elevada. Elas son a materia prima e a canle pola que se desenvolve a marca Cali. Son mulleres altamente cualificadas e con moito traballo persoal. Teñen en común os seus coñecementos e preparación profesional en danza contemporánea pero tamén aportan como bailarinas e formadoras as competencias derivadas dos seus outros oficios. Toda esta variedade fai un calidoscopio de puntos de vista que enriquecen e potencian a Cali.

As obras Cali nacen do proceso interno de cada compoñente e do colectivo. Non buscamos producir nada, simplemente abrimos un campo de creación e inspiración a través do movemento, cunhas bases sólidas, fortes e determinadas de adestramento corpóreo. O material escénico é un medio para traspasar e inspirar a quen observa e levalos á profundidade. Existe información significativa en todo o texto coreográfico, non presentamos nada puramente estrutural nin baleiro de contido, porque creamos e practicamos desde un estado de presencia e conexión fonda sostida pola metodoloxía. Nas producións Cali abrazamos todos os aspectos do ser humano: físico, mental e emocional, abríndonos á vastedade dos pulsos enerxéticos.

  • Aínda que ningunha destas verbas nin rexistros audiovisuais poden substituír á experiencia directa de entrar co corpo no universo Cali

Fotografía de : Emilio Mesías

Directora

Alba Felpete

Directora e creadora do método Cali

Tiven a sorte de non adaptarme a moitas cousas, o que me permitiu seguir en contacto coa miña esencia ata facerme adulta. No mundo da danza tampouco me adaptei nin me identifiquei completamente con ningunha especialidade nin corrente concreta, aínda que estudei e practiquei moitas con rigor e disciplina, facendo delas a miña carreira profesional. Actualmente traballo como profesora no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Gústame ir ao profundo e observar a sombra con todo o corpo. Son creadora e comunicadora poética desde pequena, con certo espírito minimalista: non me gusta falar nin superficialmente nin moito. Coas composicións coreográficas pásame o mesmo, fago haikus corpóreos.

Prefiro ás persoas que aos profesionais, de feito penso que é máis difícil ser boa persoa que competente profesionalmente. En Cali vai ligado: somos profesionais da danza e persoas dispostas a habitar a nosa vulnerabilidade mentres sostemos unha ardente búsqueda pola verdade.

  • Aínda que ningunha destas verbas nin rexistros audiovisuais poden substituír á experiencia directa de entrar co corpo no universo Cali

Fotografía de : Chus Varela

Membros da compañía

Amparo Silva Rodríguez
Ariadna Vázquez Cabana
Aroa Pérez Alonso
Carla Mosteiro Campos
Iria Rivas Fernández
Irma López de Gamarra Lorenzo
María Ferrer Garau
María Pichín Rodríguez
Marina Rojas Valladolid

Fotografías de: Lorena Grandío