Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente. Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.
É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino. Donas é unha obra circular, próxima ao trance que envolve ao espectador, creando un clima emocional aberto a todo o espazo máis aló do marco escénico e de todas as barreiras.
“Pareceremos as mesmas pero todo será distinto…”

OS ELEMENTOS EN "DONAS"

O elemento central de Donas son os panos: poden evocar áreas puras da nosa psique xunto coa entrada do sangue na vida dunha muller. Queren facer tamén un berro poético a cando calquera aspecto inocente da existencia é violentado. Os panos van ir mutando e vannos traer un camiño vertical entre a cotiandade e a transcendencia ao redor do dobrar, atar, coser, sacudir, levar, facer unha bóla con toda a coada, mesturar a roupa e que alguén llela leve, lévella a lavar, lévella para que non se vexa ou para simplemente lavar. Os panos atravesan Donas desde o comezo ata o final de diferentes formas, van facendo de fío condutor dunha información que se desprega ao comezo da obra e é esa mesma información que se vai transformando.

En Donas repítense xestos, movementos, emprazamentos e formacións pero non son exactamente iguais, amosan diferenzas tónicas, posturais e estruturais sutilmente modificadas e é nesa variación onde se acha a significación do acto. Pero tamén é na repetición onde está a expresión máis holística da ciclicidade e da rendición á mesma. En Donas sempre cae alguén, unha e outra vez, cae e vaise alguén e aparece e levántase outra persoa. Podería ser a morte e o nacemento, ou a nosa homenaxe a quen é derrubado e tamén á capacidade de resiliencia. En Donas repítense sílabas en diferentes contextos, en diferentes climas, en diferentes tons vocais e musculares. Estamos a evocar todo o tempo isto: é o mesmo pero de diferente maneira. En Donas estamos a transvasar repetidamente pezas, palabras, elementos tanxibles ou simbólicos, durante toda a obra incídese neste transvasamento, tendo este xesto unha connotación cooperadora e de sororidade, de comunidade e solidariedade unhas coas outras. E por último, Donas remata como e peza. É a mesma sección con elementos similares coa composición musical transformada con calidades máis lixeiras para trasladarnos a un novo comezo, a unha nova forma de transitar a mesma vida.

A voz acompaña o texto coreográfico xunto coa respiración, trasladando parte do simbolismo desde un lugar case pre ou transpersonal e axudando a liberar e establecer un equilibrio orgánico nos corpos das bailarinas para poder alcanzar estados de calma e quietude no transcurso da obra, para que a viaxe sexa real, non ficticia nin impostada. A voz está aspectada de diferentes maneiras en Donas: como cántico colectivo, mantreado caóticamente nun balbuceo silábico que pretende conectarse a unha realidade transpersonal. Como berros muteados que parecen abarcar a musculatura máis profunda do noso corpo, mesmo poden alcanzar emocións latentes no noso sistema psicosomático. Como susurros, como palabras residuais do inconsciente en seccións con menos peso, menos terreas. Como xestualidade das palabras non pronunciadas, acentuando as forzas musculares que se activan coa dicción, observamos que densificando a propia dicción esténdese unha arquitectura específica que conecta con capas musculares máis profundas que á súa vez nos pon en relación cunha emocionalidade pura e honesta, lonxe dos subterfuxios dos nosos discursos máis superficiais. Convidámosvos a acompañar estas realidades desde a butaca sendo conscientes da vosa respiración nalgún momento que sintades.

No deseño do espazo escénico existen emprazamentos onde a significación do que alí se desenvolve se amplifica polo lugar onde está. É coma se cada marca espacial xogase o papel de potenciador do xesto ou da acción coreográfica, habendo sidos estes creados en total coherencia co lugar: o proscenio é un lugar de apertura e manifesto/ o espazo central marca puntos de cesamento dunha enerxía ou dinámica e nacemento da seguinte á esquerda temos un lugar crave para as creacións de Cali: a vía de saída da do /hai tamén determinados percorridos espaciais polos que, dalgunha maneira, transvásase algo máis ou menos tanxible e na parte máis profunda da caixa escénica hai un lugar que representa o oposto ao que se manifesta no proscenio: son xogos de aparentes contrarios pero que en esencia beben da mesma fonte.

En Cali a boca está como entrada do alimento e saída da palabra…como aceptación da nosa asertividade, integrando a mordida, a nosa ambición, os nosos obxectivos e desexos, os dentes, a mandíbula, a articulación da palabra, o manexar a lingua, o mostrar as cavidades do verbo, en saborear o mollo da mazá, en “sensualizar” todo o noso corpo a través da boca. É ela unha das portas de relación do noso corpo co exterior e que á súa vez está interrelacionada con outras. Desde o interior da boca sae unha cinta métrica simbolizando sacar de dentro medidas, canones, o correcto, os tips, os clicks, as formas ríxidas e enconsertadas de vivir a nosa fisicalidade e a nosa corporeidade xunto ao bombardeo de condicionamentos sociais que soportamos as mulleres. No momento da obra na que ela aparece é na entrada á sensualidade e dá pé a desenvolver toda unha xestualidade que existe en Cali coa boca. Se lembramos unha das representacións da deusa Kali podemos visualizala coa lingua fóra da súa boca, vermella e ardente como e presión catártica e poderosa.

Nesta progresión de elementos xorde a madeira, o sostén. Onde nos apoiamos, cando nos apoiamos, como nos sostemos, que din os nosos ósos, que información xenética traen, como vivimos as mulleres o apoio e o sostén, cantas veces caemos…Na obra, os paus aparecen na sección coa calidade máis liviá e etérica, xusto no momento onde o discurso enerxético ascende e expándese. Xérase un clima limpo e espazoso con movementos e xestos residuais de toda a peza. Non obstante, continuamos falando de como facernos donas de nós mesmas nunha sociedade chea de paradigmas condicionantes. E aínda que esta sección osixena e proporciona amplitude, a mensaxe segue pulsándose sutilmente, a realidade segue sendo a que é aínda que podamos observala desde un punto de vista máis elevado e aínda que nos nosos corazóns exista máis paz.

Todos temos un tempo para recoller os froitos de nosas sementas. Todos sabemos cando nos chega un froito de algo que sementamos e sabemos da profunda satisfacción que sente ao participar desoutra cara da ciclicidad. Todos sabemos cando é o momento no que algo madura e cae. Todos sabemos, notamos e percibimos cando chega ese momento. Todos sabemos que a vida non é algo insustancial ou superficial. Todos sabemos que aínda que ás veces queirámolo ignorar, a vida responde nalgunha medida á nosa entrega. Todos sabemos que cando algo “nos cae aos pés” correspóndenos. En Donas o noso froito chega no descenso á terrealidade despois de climas máis etéricos da obra. Renovadas, fincámoslle o dente á vida. Tomamos o dereito para vivir o pracer, o sentido do gusto na súa plenitude e a caída aos sistemas de percepción máis terreais. Os froitos en Donas tamén apelan a ese saber esperar ao momento preciso para calquera cousa. Deixar que as cousas organicamente sigan o seu curso pero realizando sementeira con toda a nosa entrega.

FICHA ARTISTA E TÉCNICA

Elenco bailarinas: María Ferrer Garau, Irma López de Gamarra Lorenzo, María Pichín Rodríguez, Carla Mosteiro Campos, Aroa Pérez Alonso, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Amparo Silva Rodríguez, Ariadna Vázquez Cabana. Dirección e Coreografía: Alba Felpete Facal. Asistencia coreográfica: Sabela Adalid Carracedo. Música: Iain Armstrong.

Iluminación: Eva Valle Legido. Vestiario: Cali danza. Elaboración do vestiario: Entre Hilo & Tela e Santos Salgado. Son e Iluminación: Escóitame Producións. Produción e Deseño Gráfico “Donas”: E. Mesías.

Duración apróx.: 50 min. Público: Adulto

Previous
Next