KA é unha peza creada para mozos que se complementa con LI, peza en xestación para a Cía. central. Ámbalas dúas palabras, en diferentes idiomas, queren expresar a diversidade de formas que adopta a forza vital e esencial dos seres humanos: a mesma esencia, en moitas formas.
Xuntamente, conforman a palabra Kali, a outra acepción de Cali.
A peza é tan xenerosa e aberta coma os seus compoñentes: pódese representar en calquera espazo escénico, convencional ou non.
Aínda que, en realidade, é moito máis… pero aí, xa non chegan as palabras.

Sinopse:
KA LI é unha proposta a ceo aberto, pensada para representar danza en marcos escénicos convencionais ou altenativos.
A peza homónima á proposta está composta de dúas partes complementarias que manifesta a forza vital desde dúas fisicalidades ou perspectivas tónicas.
“Ka” está interpretada por homes e “Li” por mulleres. Ambas están narradas dende unha linguaxe expresionista e xestual. Plasman información profunda e esencial desde un texto coreográfico lixeiro, alegre e tenro. Fondamente humano.

Equipo artístico e técnico:
Elenco KA: Xacobe Bruña, Álex Casal, Mateo Couce, Nacho Illán, Xián Varela. Elenco LI: Irma López de Gamarra, María Pichín, Eva Quiroga, Tamara Río, Marina Rojas, Ariadna Vázquez. Dirección, coreografía e textos: Alba Felpete. Asistente de coreografía: Tamara Río. Produtora executiva: Noa López. Axudante de produción: Emilio Mesías. Merchandising: Irene Sisto. (Dur. aprox, 20 min.)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará