
Sinopse
Feminitude é o espectáculo presentación de Cali, método de danza e compañía feminina, sostido por e para mulleres. Trátase dunha viaxe polo método sobre o que se cimentan as creacións, un fondo percorrido polo universo feminino, amosando a interioridade das mulleres do SXXI e os ecos das que as antedeceron. Cali constrúe unha escena crúa e honesta, surfeando as ondas emocionais a través da poesía e da danza, acompañadas da música en directo de Astrogirl. Así mesmo, Cali desexa levantar as fronteiras entre o público e o artista polo que inclúe unha “experiencia escénica para público”, facendo partícipe ao espectador da atmósfera que se xenera enriba dun escenario e achegando a danza a todas as persoas.
Elenco bailarinas: Eva Quiroga, Irma López de Gamarra, María Pichín, Marina Rojas, Tamara Río. Colaboración Musical: Astrogirl. Dirección e coreografía: Alba Felpete.
VENRES 10 de marzo de 2023. 20:30 h. TEATRO JOFRE. (Ferrol) Linq a entradas