Hai un camiño intervertebral no noso interior.
Hai un carreiro vertical e silencioso.
Hai unha senda que nos atravesa desde o ceo á terra incansable e eternamente.
Hai unha vía que é a que verdadeiramente importará na última exhalación das nosas vidas.
Esa é a dirección á que Cali serve, máis aló de toda moda, estilo, técnica ou paradigma.
Cali escríbese desde as entrañas da terra ata a inmensidade do universo. Deixándose, deixándonos atravesar pola vasteza da creación pura.
Non é fácil pero é real.
E todos temos sede de realidade.