Nesta progresión de elementos xorde a madeira, o sostén, os bastóns da avoa, da maga…
Onde nos apoiamos, cando nos apoiamos, como nos sostemos, que din os nosos ósos, que información xenética traen, como vivimos as mulleres o apoio e o sostén, cantas veces caemos…

Na obra, os paus aparecen na sección coa calidade máis liviá e etérica, xusto no momento onde o discurso enerxético ascende e expándese. Xérase un clima limpo e espazoso con movementos e xestos residuais de toda a peza. Sería, analogamente, a quietude dos 5 ritmos de Gabrielle Roth.
Non obstante, continuamos falando de como facernos donas de nós mesmas nunha sociedade chea de paradigmas condicionantes. E aínda que esta sección osixena e proporciona amplitude, a mensaxe segue pulsándose sutilmente, a realidade segue sendo a que é aínda que podamos observala desde un punto de vista máis elevado e aínda que nos nosos corazóns exista máis paz.

Fotografía de @grand.io
Texto de @albafelpete

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará