E é ela, que ten o corazón da existencia no centro do seu corpo 🔴

E é ela, que pode traducir as sílabas do universo
E é ela, que pode converter as estrelas en barro e musgo
E é ela, que pode deletrear con tenrura as partículas eónicas

E é ela, que che deu de comer e de beber 🔴

E é ela, que coñece a vida e coñece a morte
E é ela, que sabe que todo o que comeza, acaba
E todo o que acaba, comeza 🌑

E é ela, a que sostén e a que coida, e tamén a que corta, rompe, berra, impulsa

E é ela, que son elas, que son todas
E é ela, imperante, maxestosa e pequena como unha noz…todo xunto, todo á vez 🔴

É ela a das curvas, a do incerto, a que canta, a das bágoas, a da risa, a que ten o corazón da existencia no centro do seu corpo.🔴

É ela, que ademais de todo isto, é todo o demais
É ela, que ademais de todo o demais, ten tatuado o infinito no centro do seu corpo 🌑

DONAS 🔴
Un canto corpóreo á feminidade
De @cali_danza
Estrea: 10 de decembro, Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará